Cines, teatros, bibliotecas e centros culturais recuperan hoxe a actividade, con restricións de cabida, e medidas sanitarias. Logo de tres semanas de parón, volve tamén a música en vivo.. // A baixada da incidencia estase a deixar notar tamén na presión hospitalaria. O número de pacientes nas UCI baixa de 200, por primeira vez nos últimos 20 días. Hoxe son 187, unha cifra ainda superior aos 178 que chegou a haber no pico da primeira vaga. //A Xunta pon en marcha nos centros educativos un plan de Benestar Emocional emociona para contrarrestar o efecto da crise sanitaria en alumnos e profesores. Os expertos advirten dun aumento de situacións de estress e ansiedade que pode afectar aos resultados académicos. // Dúas empresas galegas desenvolven un alimento a base de castañas e cogomelos e que podería ser útil contra patoloxías coma o Alzheimer. 17-02-2021