Polémica pola elección da Coruña para albergar a sede da Axencia Estatal de Intelixencia Artificial. O concello de Granada, gobernado polo partido socialista, impugna a decisión por considerar que o proceso selectivo non foi transparente. // Renfe anuncia a creación en Monforte dun centro de ciberseguridade, no que traballarán ata 40 profesionais cualificados, saidos das universidades galegas. // As universidades da Coruña e Vigo presentan unha ferramenta para avaliar a fenda de xénero nas Tecnoloxías da Comunicación. Actualmente So un 12 por cento das matrículas desas carreiras corresponden a mulleres. // Iniciativa solidaria no barrio ourensán de Mariñamansa para dinamizar o comercio local con agasallos de cestas nadal para os veciños. 16-12-22