Fondeado na ría Corcubión un mercante noruegués cargado con dous hoteis flotantes, de preto de cen metros de eslora, que serán utilizados para aloxar solicitantes de asilo. | O parlamento rexeita unha iniciativa lexislativa popular, avalada por case 16.000 sinaturas, que pedía cambios na letra do himno galego para corrixir erros respecto do poema orixinal, obra de Eduardo Pondal. | A plataforma "Enfermeiras a por todas" organiza concentracións para demandar mellores condicións laborais. | En Galicia son preto de un centenar os centros de traballo que non cumpren, segundo a CIG, coa obriga de presentar os rexistros retributivos que permiten detectar se hai discriminación salarial coas mulleres. 26-09-23