Comenzo de curso para os máis pequenos. As máis de 500 escolas infantís galegas, públicas e privadas, abren as suas portas nunha xornada para comenzar o período de adaptación | A chegada das choivas vai favorecer os traballos de extinción dos incendios forestais que xa están a piques de quedar controlados. Os que afectan aos concellos de Crecente, Entrimo e Oímbra, este xa controlado, calcinaron máis de 500 hectáreas | En Monforte, centos de viticultores concentráronse para reclamar que se garanta a recollida da uva. A protesta prodúcese despois de comunicar algunha das grandes adegas que non mercará esta colleita ante o excedente que acumulan | Na Coruña bota a andar o Festival Lírico que organizan cada ano os Amigos da Ópera. A estrea é o domingo con La Boheme, de Puccini