O sector pesqueiro en pe de guerra, trala decisión da Comisión europea de prohibir definitivamente a pesca de fondo en 87 áreas, moitas de gran interese para a frota galega. Os armadores e a Xunta anuncian accións legais. // A compañía Finsa anuncia un Expediente de Regulación Temporal de Emprego que afectaría a uns 1.500 traballadores dos seus centros de produción de Santiago, Padrón, Ourense e Rábade. A causa, di a empresa, é unha diminución no número de pedidos que agudizou nos meses de verán. 16/09/22