Morta a puñaladas, na sua vivenda no barrio coruñes do Birloque. Mónica Marcos Piñeiro, de 52 anos. A policía busca o presunto autor do crime, que iniciara hai meses unha relación coa vítima, e fora denunciado por parellas anteriores de agresións violentas. // O SERGAS habilita de novo a posibilidade de solicitar cita presencial cos médicos de atención primaria, logo de 18 meses, a través da web ou por teléfono. // Os casos activos de Covid en Galicia baixan de 3.000, por primeira vez nos últimos dous meses. A a taxa de positividade sitúase no 3 por cento, por debaixo do 5 que indica que a pandemia está controlada. A presión asistencial segue á baixa con 15 hospitalizados menos e con 31 pacientes nas UCI. // A Ribeira Sacra, as Serras do Courel e do Oribio, declaradas Reservas da Biosfera pola UNESCO. Convértense no sétimo espazo natural con esta figura de protección en Galicia, que en conxunto ocupan xa un 35 por cento do terrotorio total da comunidade. 16-09-2021