O piragüismo galego estrease nos Xogos Olímpicos de París con billete directo á final de Teresa Portela e o equipo que a acompaña, en K4 500. No resto das competicións, case todo foron pase a semifinais | A atracción de feira na que faleceu Iván Castaño en Matamá non tiña autorización para funcionar. Segundo o Concello de Vigo, o permiso foi denegado dous días antes do accidente mortal porque o dono non presentou toda a documentación, e así se lle comunicou á Comisión de Festas | Botan a perder máis de 8.000 quilos de uva albariña nunha viña da Denominación de Orixe das Rías Baixas, no municipio pontevedrés de Barro. Os danos superan os 100.000 euros | Técnicos da Garda Civil desativan unha granada de morteiro e nove cohetes antigranizo, da Guerra civil, atopados por un veciño de Noia ao facer limpeza do trasteiro da sua vivenda