Incendio nunha nave industrial no polígono do Ceao en Lugo. Pertence a unha empresa de despece de automóbiles, cunha zona de residuos onde se acumulaban neumáticos, aceite e abundante material inflamable. Hai dous traballadores feridos | O mal tempo está a acaparar protagonismo na Semana Santa. No mar está activada alerta laranxa en toda a costa por ventos e malamar | A illa de Ons conta cun novo reclamo turístico: unha sala de arqueoloxía e unha ruta para poñer en valor os restos atopados nas últimas excavacións. Permiten saber como vivían os primeiros habitantes que producían a púrpura, un tinte moi preciado no Imperio Romano