Os detidos cando intentaban descargar un alixo de 1.100 quilos de cocaína en Vilanova de Arousa, pasan a disposición xudicial. Son Sete homes, de nacionalidade albanesa, entre os que figuran os tripulantes da lancha rápida na que transportaban a droga, e un galego, acusado de colaborar coa rede, sobre o terreo | A Xunta insiste en reclamar as competencias en meteoroloxía e advirte de que, en caso de que o goberno central non llas facilite, aprobará unha lei para forzar a transferencia | Galicia sitúase como referente no programa de doazón de órganos, sendo a segunda comunidade de España con maior crecemento no número de transplantes | Na eliminatoria da Copa hoxe tócalle ao Celta loitar polo pase a cuartos de final. O Pontevedra quedou eliminado en Pasarón, ao non poder remontar o gol do Xetafe