Os efectos da borrasca Gerard xa se deixan notar, con refachos de vento por riba dos 160 kilometros por hora e con ondas de entre 5 e 7 metros no litoral, no que está activada a alerta laranxa. // O presidente da Xunta amosa o seu apoio as medidas sobre o aborto en Castela e León. // Remata oficialmente o Nadal de Vigo. Hoxe comezou a desmontaxe dos diferentes adornos que engalanaron catrocentas rúas da cidade desde novembro. // Na segunda división o Lugo caeu onte en Anduva contra o Mirandés por dous a cero. 16-01-23