A pandemia non da tregua, con outros 1.400 contaxios novos nas últimas horas e 27 falecementos. Os ingresados nos hospitais suben a 1.200, e Os casos activos triplican os que se contabilizaban ao remate do nadal. // A hostalaría, o comercio e outras actividades apuran as últimas horas antes da entrada en vigor, esta medianoite, nas novas restriccións. Toda Galicia quedará no máximo nivel de medidas para limitar a mobilidade. //Malestar entre os estudantes pola decisión das tres Universidades galegas de manter os exames presenciais xa convocados, pese á suspensión das clases. //O Parlamento aproba hoxe o presuposto da Xunta para este ano, o máis alto da historia autonómica, grazas aos fondos europeos de recuperación. 26-01-2021