A suba de prezos confirma a sua moderación no mes de outubro, grazas ao descenso da electricidade, ainda que a inflación segue en Galicia por riba da media de España. // Décima sesión do xuízo polo accidente do Alvia, cunha única declaración: a dun inspector de seguridade de ADIF que sostén que non constaba ningún aviso sobre a perigosidade da curva de Angrois. // A caída do viaducto do Castro na Autovía A-6 preto de Pedrafita tivo varias causas: Un desgaste do formigón co paso do tempo maior do previsto, xunto co uso de demolición con auga nas obras de reparación. 15-11-22