Os medios aéreos protagonizan a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra. Segue tamén activo o lume en Crecente, onde foi solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias | Transferir a Autoestrada do Atlántico custaría 526 millóns de euros. Así o asegura un informe presentado hoxe pola Xunta, que estima o rescate da concesión da AP9 a Audasa en 2.335 millóns de euros e non os mais de catro mil millóns de euros que baralla o Ministerio | Suspendéronse as feiras de gando en Pedrafita e na Fonsagrada en prevención da Enfermidade Hemorráxica Epizóotica., tras a aparición de novos casos, que se estenden xa por máis de 750 explotacións