A Xunta acaba de dar por estabilizado o incendio de Chandrexa de Queixa, outro dos grandes lumes deste agosto, que afecta a 19.000 hectáreas. Segue ardendo o de Carballeda de Valdeorras e outro que comezou onte á tarde en Avión | Volvemos a unha aldea, Vilela, en Cualedro, que viu o lume moi preto. Salvouse a aldea, pero todo arredor, dá pena. A paisaxe, e o ánimo dos veciños non é o mesmo | En dúas semanas comeza o curso escolar para 300 mil alumnos, en Galicia. Son catro mil menos que o ano pasado. Non volverán ás clases nos sete colexios que pechan, pero mantense o número de aulas e en outras 18 escolas medra a cantidade de alumnos | As peixarías ambulantes, as que reparten a domicilio, modernízanse. Agora á tradicional bucina, súmanselle as aplicacións de mensaxería. Antes de saír cara a lonxa, envían mensaxes polo móbil para que a clientela encargue os pedidos e así axilizar á venda