Hoxe e o aniversario do naufraxio do Villa de Pitanxo, a maior traxedia do sector pesqueiro no que vai de século, con 21 mariñeiros falecidos e tres superviventes. // O sector lácteo lidera o Perte Agroalimentario que Galicia presenta para recibir fondos europeos, Next Generation. Son 19 empresas lácteas que optan a unhas axudas de 1.500 millóns. // Continúa a fase civil do xuízo do Alvia. Familiares, vítimas e tamén peritos narran como sucedeu o descarrilamento e as secuelas cas que aínda hoxe en día conviven. 15-02-23