Inaugúrase en Arteixo o Museo da Automoción, coa maior colección de coches históricos reunida ata agora en España e unha das máis importantes de Europa. | O índice de precios de consumo en Galicia subiu un 3,3 por cento no mes de novembro. Son tres décimas menos que hai un ano. | O Consello da Xunta aprobou hoxe adicar 104 millóns de euros a fomentar a investigación nas tres universidades galegas durante o próximo ano. | A nove días para a Noiteboa comezan a chegar aos mercados as primeiras vieiras frescas. A campaña arrancou esta semana en Arousa e os barcos están a recoller molusco de moi boa calidade. 14-12-23