Edmundo González Urrutia está xa na Illa da Toxa. Perseguido polo réxime de Maduro e asilado en España, vai intervir no Foro vínculo Atlántico como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela, para expoñer a delicada situación que atravesa o seu país | Constituida esta mañá no Parlamento a Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta con empresas afíns ao PP e o sobrecusto do Hospital de Vigo. Será presidida pola deputada popular, Elena Candia | Os Tédax da Polícía Nacional retiran máis de medio cento de recipientes con ácido pícrico de centros educativos de Lugo e A Coruña. É un composto da familia do TNT que ao degradarse pode explotar coa calor, coa frición ou cun impacto