Folga de profesores con seguimento masivo no Bacharelato e a Eso, e menor en Primaria, segundo a CIG, a central convocante, mentres a Xunta rebaixa a incidencia a pouco máis do 15 por cento. |En Lugo as traballadoras da limpeza, en folga indefinida, percorren a ronda da Muralla cunha caravana de protesta. | A Fundación Amancio Ortega formaliza a entrega da residencia de maiores do barrio do Castiñeiriño, en Santiago. | A Xunta tramita a prohibición da venda de bebidas enerxéticas a menores que as equipara ao alcol para restrinxir o acceso a quen non teña autorización. 24-10-23