Expectación entre os usuarios e forzas políticas tras declarar a Comisión Europea que as prórrogas que permiten explotar a autoestrada do Atlántico ata 2048 son ilegais. O motivo, argumenta, é que foron aprobadas sen sair previamente a concurso de licitación.. // Presentado o portal do Xacobeo na plataforma Google Arts & Culture. O Proxecto amosa un percorrido virtual polas diferentes rutas xacobeas e o seu patrimonio cultural, a través de miles de fotografías e vídeos de alta calidade. // A incidencia da pandemia baixa en Galicia a 50 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, a mesma que antes da quinta vaga. Por primeira vez dende xullo hai menos de 60 pacientes hospitalizados. // Coa estrea mundial de Malencolía, a última producción de Alfonso Zarauza, rodada no Carballiño, empeza o Festival Internacional de Ourense. A participación galega é maioritaria entre as 70 películas do certame. 24-09-2021