Os alcaldes de Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio, reciben as medallas de Galicia deste 2025, un recoñecemento da Xunta pola contribución das súas cidades á defensa dos intereses compartidos por Galicia e o Norte de Portugal | A EPA sitúa a taxa de paro en Galicia no 8,3 %, a máis baixa dos últimos 17 anos. Aínda así, aquí hai máis de 11.000 postos de traballo para os que as empresas non atopan empregados. Por iso, moitas contratan a man de obra noutros países | A doce anos do sinistro do tren Alvia en Angrois, no que morreron 80 persoas, vítimas e familiares pasan páxina. Non volverán manifestarse en Santiago, como facían en cada aniversario, pero van seguir reclamando unha investigación independente e responsabilidades políticas | Lúa Gándara, unha figura pouco convencional da arte contemporánea galega, é a protagonista hoxe da nosa sección ‘Eu Son’, dedicada a novos creadores