Manuel Baltar non será candidato a presidir a Deputación de Ourense. Anunciouno hai uns minutos a través dun comunicado. O aspirante popular á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, confirmábao logo de ofrecer una proposta de goberno a socialistas e BNG. // O goberno galego pasa a ter dous novos conselleiros, ante a saída do vicepresidente primeiro Francisco Conde, e a da conselleira do Mar. // Volven as apertas ao apóstolo. A catedral de Santiago recupera o tradicional rito de abrazar ao Santo, tras máis de tres anos interrompido pola pandemia. Iso si, recomenda non bicar a imaxe. // . 14-06-23