A Policía Nacional detén en Vigo a unha traballadora de Vitrasa e á súa parella pola queima de dous autobuses urbanos o primeiro de maio. Vitrasa denunciou hoxe dous novos ataques a autobuses. //A dez dias para que as industrias lácteas presenten as propostas de renovacion dos contratos aos gandeiros, Unions Agrarias alerta de que pretenden unha baixada de entre sete e dez centimos por litro. // Pasou o Día das Letras Galegas pero segue en marcha o Correlingua, a carreira en defensa do galego na que están a participar milleiros de rapaces de 12 comarcas. Hoxe fixo parada en Pontevedra. 24-05-23