Traballadores do CHUAC, na Coruña, protestan pola agresión sufrida no servizo de Urxencias, na que un enfermeiro e un vixiante de seguridade resultaron feridos por arma branca. O agresor, un doente con problemas psiquiátricos, portaba un coitelo. Os sanitarios reclaman máis recursos e que se revisen os protocolos de seguridade | Sobe o paro en xaneiro un dous por cento para situarse nos 121 mil parados en Galicia. Tralas contratacións do Nadal, as afiliacións á Seguridade Social tamén baixaron nun 1% | O presidente da Xunta adverte contra a oferta do Goberno Central de condonación da débeda das comunidades | Un canastro, unha casa abandonada, un muro de formigón, son algúns dos fondos ao aire libre que o fotógrafo Manuel Outumuro escolleu para montar a súa exposición na Merca, en Ourense, o seu pobo natal. É unha escolma dos retratos que fixo a grandes actrices para promocionar películas
