A Garda Civil busca aos autores do violento asalto sufrido por un home e unha muller, a primeira hora da mañá, cando saían da súa casa en Meis. Tres homes encapuchados abordaron á parella, atáronos con bridas e golpeáronos para obrigalos a entregarlles diñeiro | O concello de Santiago esixirá á Xunta a declaración de zona tensionada en todo o municipio para intervir o prezo dos alugueiros. Asegura que a cidade cumpre os requisitos, como que o prezo do alugueiro aumentou o dobre que o IPC nos últimos cinco anos | Os médicos do Hospital da Coruña logran a recuperación total do corazón dunha nena dun ano grazas a un corazón artificial, despois de que a cativa padecera unha miocardite. Foi a primeira intervención deste tipo que se realiza en España