O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destaca a estabilidade política e social lograda na nosa comunidade e a necesidade de pactos. Na súa mensaxe de fin de ano, Feijóo salienta a superación de vellos traumas que logrou a sociedade galega e a súa pluralidade actual, que non lle impide afrontar retos coma a superaciòn da crise destes últimos anos. Mercados abarrotados nestas horas previas a cea de fin de ano. Moitos mariscos duplican o seu prezo habitual como as cigalas, nécoras ou camaróns que esta mañá acadaban os 200 euros o quilo. Moitos hoteis colgan o cartel de completo esta noite para dar a benvida ao 2016, algúns como o parador de Baiona xa levan un mes con todo reservado para unha noite na que se celebran multitude de festas. (31/12/15)