Orquídeas, rosas e sobre todo crisantemos. Son flores para lembrar os defuntos, na véspera de Todos os Santos. Nos camposantos é día de adecentar lápidas e tumbas, continuando así unha tradición que pervive no tempo | Arranca unha ponte festiva na que as previsións do sector turístico prevén unha ocupación media do 75 por cento durante os próximos días, que podería incrementarse polo bo tempo e as reservas de última hora. A provincia de Pontevedra é a que maior afluencia espera a nivel nacional, con case o 90 por cento | Seguemento de case o 90 por cento na Primeira xornada de folga no concello de Ourense, segundo os sindicatos convocantes. Reclaman o abono de pagas extraordinarias e protestan contra o que consideran falta de respecto contínuas por parte do alcalde Gonzalo Pérez Jácome | Entre os posibles plans para disfrutar durante a ponte, destacamos o Aquarium Finisterrae, a Casa dos Peixes da Coruña, que está a celebrar o seu 25 aniversario. Con máis de seis millóns e medio de vi