Chega ao Porriño un grupo de inmigrantes en acollida temporal. Forma parte do plan do goberno central para desconxestionar os centros de atención das Illas Canarias | Mobilización xeral en Viana do Bolo en defensa única mina de Europa da que se extrae coltán. Foi paralizada cautelarmente polo TSXG tras unha denuncia por afectar a un espazo protexido | Falamos dunha profesión en alza: a tanatopraxia. Cada vez máis mozos deciden formarse nas técnicas para a conservación de cadáveres e a súa preparación para o enterro | Últimos preparativos para o Samaín. En algúns barrios, como o coruñés de Monte Alto, están a piques de comezar a repartir caramelos, e os colexios énchense de cabazas e disfraces. 31-10-23