Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas. Serán principalmente traxectos curtos, sobre todo para visitar os camposantos. As autoridades de tráfico teñen en marcha o dispositivo acaído para velar pola seguridade // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais. É un dato ofrecido hoxe no Consello da Xunta que tamén estudou a nova lei de espectáculos que vai entrar en funcionamento a principios do ano que vén // O avogado de Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, insiste na necesidade de que se erga o segredo do sumario e califica de "linchamento" da súa cliente algunhas das informacións que se están a publicar, pese á estar o sumario declarado secreto // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic, que concede o ministerio de cultura. O artista coruñés recíbeo pola novela grafica "ARDALÉN". É o terceiro galego distinguido este ano cun premio nacional. 31/10/13