Remata agosto e, para moitos, tamén as vacacións. Coa volta á rutina pode chegar o estrés posvacional, con baixo estado de ánimo, falta de concentración ou cansazo | No primeiro consello da Xunta tralas vacacións o goberno galego aprobou un investimento de 20 millóns para dixitalizar a rede de estradas autonómicas | Vilalba, en Lugo, celebra as súas festas co lixo sen recoller. A pesares dos servizos mínimos, as rúas da vila acumulan máis de 150 toneladas de lixo cando se cumpren dez días de folga dos traballadores da recollida | Volven as batidas contra os xabarís. Na última temporada, cazáronse 18.000 xabarís en Galicia. 31-08-23