Segue activo o lume no concello da Cañiza, o máis grave do que levamos de verán, cunhas 270 hectáreas afectadas. A situación mellora respecto ás últimas horas, cando a proximidade das lapas levou a decretar o nivel 2 de emerxencias e confinar varios núcleos de poboación. Por primeira vez, os veciños foron avisados mediante o sistema de alerta telefónico da Xunta | A Coruña será a primeira cidade de Galicia en aplicar a Taxa turística, a partir de setembro. Os viaxeiros terán que abonar entre un e dous euros e medio por noite de estancia e incluirá tamén aos cruceiristas. Tamén en Santiago a taxa turística foi aprobada, aínda que atrasará a aplicación ao un de outubro | Máis de 50 marcas, oitenta adegas e milleiros de persoas, participan xa en Cambados na Festa do Albariño, a cita para render culto aos productos da denominación de Orixe das Rías Baixas | Moitos nenos e nenas len contos que teñen as súas ilustracións. O debuxante Víctor Rivas é protagonista hoxe da nosa sección "Eu Son",