Primeiros controis policiais para evitar que saian patacas das zonas declaradas en corentena para evitar a expansión da praga da couza guatemalteca // A Xunta aprobou destinar 65 millóns de euros en axudas para incorporar xente moza ao rural e para investimentos nas explotacións agrarias. Tamén o proxecto de lei sobre o benestar dos animais de compañía // Douscentos mil galegos padecen algunha das sete mil doenzas cualificadas coma enfermidades raras. Piden máis investigación e que se xeralicen os tratamentos existentes. Din que son escasos porque resultan pouco rendibles para as farmacéuticas. 31/03/17