Recibiu sepultura, nunha parroquia do Irixo, en Ourense, a muller asasinada o domingo á noite no Carballiño, un caso que instruirá o xulgado desta vila que leva os asuntos de violencia doméstica // Seguen os traballos para recuperar o cadáver dun dos anciáns de 95 e 89 anos sepultados na súa casa despois de que se declarase un incendio na madrugada de onte en Bóveda, en Lugo // Unha mostra dos guerreiros de Xian, o exército, de oito mil figuras de terracota ,do primeiro emperador chinés, descubertos en 1974, pode verse nunha exposición en Vigo. 31/01/17