Galicia e León volven estar conectadas pola A-6, dous anos e medio despois da caída do viaduto do Castro. Hoxe quedou aberto ao tráfico o novo viaduto en dirección á Coruña | O IPC de decembro sitúase no 2,8 por cento. A repunta débese ao encarecemento do lecer e a cultura e, sobre todo, á suba dos carburantes  | Nestes días previos á Noitevella achegámonos á realidade das persoas que sofren de alcoholismo para coñecer como afrontan unhas datas tan vencelladas ao consumo de alcol. No Nadal de 2023, os hospitais galegos atenderon 362 intoxicacións etílicas | A catedral de Santiago acolleu este mediodía a tradicional cerimonia que conmemora a translación dos restos do Apóstolo a Compostela. Na ofrenda lembrouse os afectados polas riadas de Valencia e polas guerras de Ucraína e Oriente Medio. O arcebispo considerou inaceptable a utilización dos migrantes como arma política