Día de compras e preparativos para a última noite do ano. A maioría dos galegos optarán en noitevella por cear na casa. // Pilar Farjas, Marta Fernández Curras e Arsenio Fernández de Mesa, máis caras galegas no novo Goberno de Madrid. Os nomeamentos obrigan a recompoñer as Consellerías. // Decepción das asociacións que loitan contra a droga pola concesión ao narcotraficante Laureano Oubiña do terceiro grao penitenciario. // Un aparatoso incendio destruiu unha tenda de productos deportivos no barrio da Milagrosa, en Lugo. // Santiago: Conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo a Galicia. // Phanton Club presenta nun cine de Vigo o seu DVD "Muchas noches, buenas gracias". (30/12/11)