Institucións e forzas políticas galegas trasladan a súa solidariedade coas vítimas das inundacións nas comunidades de Valencia e Castela a Mancha. A Xunta envía efectivos para colaborar nos traballos de rescate |Os grandes recintos de vacinación volven abrir, dende hoxe, para administrar a inmunización conxunta contra a gripe e a covid. O primeiro grupo en ser convocado é o das preto de 300.000 persoas de entre 70 e 79 anos | A recollida da oliva está en marcha nas plantacións espalladas polas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. Os produtores din que, aínda con algunhas árbores derrubadas pola borrasca Kirk, a colleita podería superar o récord de 2021, cando se recolleron máis de 45.000 quilos | Descubriu con só tres anos a súa paixón pola música, e agora, aos 32, é unha das pianistas españolas con maior proxección internacional. A compostelá Isabel Dobarropresenta un primeiro álbum en solitario. 30-10-2024