A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela. Hoxe explicaron que investigan, xunto con outras familias afectadas, se son verdade as acusacións de abusos sexuais e delito fiscal, tal como investiga un xulgado de Tui // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias. Serán chamados aos seus centros de saúde en 72 horas para ver resultados de probas ou realizar curas // Declaran como imputados  por carrexar anciáns, algúns con alzheimer, nas últimas eleccións autonómicas. En Lugo prestaron declaración esta mañá por un delito electoral o expresidente do PP na provincia, José Luís Iravedra, e unha exconcelleira popular no concello. 30/10/14