Os vehículos todoterreo Vamtac, fabricados pola empresa galega Urovesa, serán clave na axuda prestada por España a Ucraína, para resistir fronte a agresión rusa. Así o destacou a ministra de Defensa, Margarita Robles, nunha visita ás instalacións, no concello pontevedrés de Valga | A produción mundial de peixe de acuicultura supera xa ao capturado no mar. Así o indica o informe da FAO, o organismo das Nacions Unidas para a alimentación, presentado no congreso que se celebra hoxe en Vigo, previo á Feira Conxemar. A tendencia mundial é a un aumento do consumo de produtos do mar ao contrario do que sucede en Galicia| Investigado por homicidio imprudente o condutor do vehículo deportivo que colisionou co coche no que viaxaba un matrimonio de xubilados en Sanxenxo. O home, de 78 anos, e a muller, de 76, resultaron mortos ao ser arrastrados por un terraplén. A Garda civil sospeita que o accidente produciuse por exceso de velocidade | Jorge Prado, de novo, campión do mundo da máxima categoría