Núñez Feijóo defende en PSA Peugeot Citroen en Paris a competencia da fábrica do grupo en Vigo  para construír as próximas furgonetas do grupo, unha carreira na que compite cunha factoría de Eslovaquia. Galicia recibirá dos orzamentos xerais do Estado 1.385 millóns de euros. É a terceira comunidade autónoma que máis investimento recibirá. O AVE e Agricultura son os principais destinos deses cartos.  O presidente dos empresarios galegos, partidario dun aumento moderado dos salarios, ata un 1,5%, nos sectores  que poidan facelo. O concello de Ourense recorrerá a imputación da concelleira de urbanismo Áurea Soto, do PSOE, por presuntos delitos de prevaricación e malversación, pola urbanización da praza de San Antón.O pai do acusado no dobre crime de Xermade di que seu fillo estaba dominado polo outro acusado, agora falecido.O medallista David Cal adestra estes días en Galicia e hoxe pasou revisión médica antes seguir adestrando en Brasil. (30/09/14)