630.000 viaxes polas estradas galegas, reforzo de prazas nos trens a Madrid e máis de 300 voos desde os aeroportos galegos. O final de agosto é cambio de quenda nas vacacións | O curso escolar comeza con 1.250 novos mestres. A pesares de ter uns catro mil alumnos menos en infantil e primaria, contarán co mesmo número de aulas | Os veciños de Santiago quéixanse dalgúns comportamentos incívicos por parte dos turistas. Desde o Concello buscan medidas para mellorar a convivencia. Unha delas é a figura do informador turístico | O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense estrea un quirófano intelixente para realizar operacións de neurocirurxía | Última etapa da volta ciclista por terras galegas. O pelotón vai camiño dos Ancares