Os prezos levan dous meses seguidos subindo. En agosto aumentaron nun 0,5 por cento respecto a xullo e elevan a porcentaxe interanual ao 2,6 debido, sobre todo, ao encarecemento dos carburantes | O turismo rural mantense alleo ás cifras récord de outro tipo de aloxamentos. En xullo en Galicia tiveron unha ocupación media un 6,4 por cento máis baixa que ano pasado | A Xunta asume a xestión da única escola de canteiros que hai en España, a de Poio, que ata agora dependía da Deputación de Pontevedra. Leva formados 1.600 canteiros | Balaídos acolle esta noite un encontro moi especial para celebrar o Centenario, o partido de lendas. O club reuniu a exxogadores celestes como Gustavo López ou Makelele para enfrontalos cun combinado de estrelas internacionais tamén retiradas. 30-08-23