Continúa  o incendio de Boiro que xa queimou máis de 450 hectáreas e puxo en perigo,  a noite pasada, varias aldeas. Tamén hai outro lume activo no municipio lucense de Navia de Suarna onde as lapas xa consumiron  250 hectáreas.   Atopado san e salvo, perto dunha das aldeas do Barbanza  evacuadas polo lume, un home de 85 anos que desaparecera, horas antes de declararse o incendio  e de que os veciños tiveran que marchar das súas casas.Constituída unha plataforma contra o lume, integrada por catorce colectivos. Piden un cambio na política forestal que, na sua opinion, ten que centrarse mais na prevención e  ser mais acorde coas características de Galicia. (30/08/13)                        
                        
                    
