Galicia reclamará ao Goberno central o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas estranxeiras que queiran traballar na Comunidade. O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para crear unha Oficina contra a Corrupción, un organismo que xa funciona noutras comunidades como Cataluña. Os socialistas acusan ao PP de actuar con hipocrisía, especialmente no caso da denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar | Máis de 115.000... é o número de procedementos tramitados pola xustiza en Galicia no primeiro trimestre de 2024, case un 20% máis que no mesmo período do ano anterior. Ante a crecente sobrecarga, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza urxe a resolver pola vía da negociación | Comezan os traballos de exhumación na igrexa de San Vicente de Soutelo, en Salceda de Casela. Sospeitan que se atopa a primeira fosa común que se vai levantar no termo municipal | O Miño ourensán e o noroeste desa provincia están en alerta 3 por altas tempe