A Xunta aproba 13 millons de euros para licitar as primeiras obras para reurbanizar a plataforma loxistica PLISÁN de Salvaterra-As Neves. Tamen lle deu o visto e prace á  axenda dixital 2020, que prevé investir 1.500 millons de euros, entre a iniciativa pública e a privada // A advertencia do Presidente de Xunta de que, se a factoría de Ence tén que saír da súa actual ubicación en Pontevedra, marchará de Galicia, segue a provocar reaccións. Hoxe os empresarios da madeira dixeron que  perder a pasteira sería un luxo que a nosa economía non se pode permitir // Moito movemento e algunhas aglomeracións nas oficinas bancarias no último día de prazo para identificar a todos os seus clientes. Están obrigados a facelo para cumprir coa lei de prevención de branqueo de capitais e de financiación do terrorismo. 29/04/15