O tren de alta velocidade entre a Coruña e Vigo empeza a ser realidade.  A ministra de Fomento e mais o Presidente da Xunta realizan  a viaxe inaugural dun servizo ferroviario que vai estar  a disposición de todos a partir deste próximo mes de abril.   Acurtará á metade a duración dos traxectos entre cidades coma a Coruña, Santiago, Pontevedra  e Vigo.Entran en servizo os primeiros treitos da autovía entre Santiago e Lugo. Son pouco máis de 20 quilómetros que transcorren integramente pola provincia lucense, entre Gutín e Nadela, no entorno da capital provincial. Mañá remata a prórroga para a reantenización para adaptarse o cambio de frecuencias das canles da TDT. O 31 de marzo é data prevista para o apagón das que se emitían nas vellas frecuencias que agora van ser utilizadas para a telefonía 4G. (30/03/15)