Repunta dos prezos no arranque do 2025. O IPC de xaneiro sobe dúas décimas, ata situarse no 3 % interanual, o nivel máis alto no último medio ano. O encarecemento da electricidade e, sobre todo, dos carburantes, é o que máis contribúe a aumentar a inflación, mentres baixa o lecer e a cultura | Galicia conta dende hoxe cun novo centro especializado en combater ciberataques, tanto a particulares como a empresas e institucións. É o centro de Talento e Tecnoloxía da compañía Telefónica, ubicado no barrio do Calvario, de Vigo. Conta cun equipo inicial de cen traballadores, e aspira a converterse en referente internacional na protección das operacións dixitais | O Hospital Clínico de Ourense elabora por primera vez en Galicia, un protocolo para que pacientes con ingresos de longa duración poidan recibir a visita das súas mascotas. Deben cumprir Estritas normas sanitarias e de seguridade, e contar con permiso dun médico e do veterinario dos animais | Hoxe celébrase o Día da Ilustración, que a