Xaneiro remata cunha taxa interanual do 5´8 por cento, que racha a tendencia á baixa dos últimos meses, e pese a baixada do IVE para os alimentos básicos. // Os traballadores debaten a proposta da empresa para modificar o plan previsto para a retomar a actividade na Planta de Aluminio de San Cibrao. // Os veciños do barrio coruñés do Orzán demandan ao concello polos ruídos e pelexas que din ter que soportar cada fin de semana. // O Celta sae dos postos de descenso. Cun gol de Iago Aspas, no segundo tempo que certificou a clara superioridade ante o Athletic. En segunda, o Lugo sufriu a súa cuarta derrota consecutiva. 30-01-23