O futuro da pesca, a debate en Conxemar, o congreso do sector que arranca hoxe en Vigo, coa ollada posta no veto da UE a 87 áreas do Atlántico. A representante do Goberno Central confia en que o recurso xudicial permita suspéndelo. // A Xunta e a Asociación de Mulleres con Discapacidade presentan unha campaña interactiva para implicar á sociedade na loita contra a violencia sexual nese colectivo. Son catro pezas audiovisuais con guións que xorden das experiencias de mulleres con discapacidade, que en Galicia son unhas 125 mil. // 03-10-22