Coa baixada das contratacións da temporada turística, o paro aumentou lixeiramente en agosto respecto a xullo. Comparado con hai un ano, agora temos 9.000 parados menos | Os colexios serán reforzados neste inicio de curso con 400 novos profesores para mellorar o éxito escolar | Na Coruña, a policía investiga o incendio que se produciu na nave da empresa Prezero, dedicada á recollida do lixo na cidade. Arderon seis camións | A revista Viajar retirou da súa páxina web unha listaxe das supostas vilas máis feas de España, feita con intelixencia artificial, pola protesta de concellos como o de Tomiño