Inditex marca un novo récord de beneficios, ao gañar máis de 2.500 millóns de euros na primeira metade do ano. As vendas do grupo textil con sede en Arteixo superan, tamén por primeira vez, os 16.000 millóns.| O pesqueiro apreixado fronte as illas Cíes pola Policía Nacional transportaba preto de 2.300 kilos de cocaína. Os catro tripulantes detidos participaron no rexistro do barco no porto de Vigo.| A Xunta vai declarar a emerxencia cinexética no oitenta por cento dos concellos para controlar o xabaril. | Baldomero Moreiras expón por primeira vez os carteis que fixo nos últimos cincuenta anos. A maioría, feitos con recortes de cartulina, para anunciar as festas máis populares de Galicia.13-09-23