As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano. 13.000 estudantes están convocados en Galicia, á avaliación para o acceso á Universidade que será a última co formato flexible implantado a raíz da pandemia | Un piloto vigués faleceu onte á tarde cando participaba neste festival acrobático, en Portugal. Manuel Rey coñecido como Coco, era piloto comercial, tiña 62 anos e 25 de experiencia en acrobacias aéreas | O Corpus volveu encher este domingo de alfombras florais algunhas vilas galegas, coma Ponteareas, onde se congregaron milleiros de visitantes. Foi o primeiro Corpus na vila declarado Ben de Interese Cultural